Tải bản đầy đủ (.pdf) (318 trang)

macmillan visual dictionary construcion

Bạn đang xem bản rút gọn của tài liệu. Xem và tải ngay bản đầy đủ của tài liệu tại đây (14.37 MB, 318 trang )

Anton Meixome
2004.12.04 21:35:48 +01'00'
Este documento está listo para aprobación
Firma no verificada


A terminoloxía deste dicionario foi revisada
polo Termigal (Sección de Terminoloxía do
Centro Ramón Piñeiro de Investigacións en
Humanidades).
Esta edición recibiu unha axuda da Dirección
Xeral de Política Lingüística da Consellaría de
Educación e Ordenación Universitaria).
Esta edición foi parcialmente patrocinada pola
empresa Industrial Recense SA
© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Depósito legal: xxxxxxxxxx
ISBN: 84-85665-63-5
Dicionario visual
da construción
Coordinación
Alberte González Rodríguez, arquitecto
Responsables da edición
Alberte González Rodríguez
Santiago A. Martínez García
Tratamento lingüístico e terminolóxico da versión galega
Antón Gómez Méixome (coordinación)
Alberte González Rodríguez
Miguel Anxo Solla Portela


Co apoio no fichado preliminar de Rosa Ligero Valladares
Programación e procesos informáticos
Antón Gómez Méixome (coordinación)
Miguel Anxo Solla Portela
Ilustracións
José Matalobos
Ficha técnica da edición orixinal
Coordinación
Francesc Vilaró i Casalinas
Revisión Terminolóxica
Ester Franquesa i Bonet (Coordinadora), Jordi Bover i Salvadó, Rosa
Colomer i Artigas e Xavier Rofes i Moliner.
Ilustracións
Joaquim Massana i Esteve (Coordinador), Albert Badía i Torné,
David Espadas i Martorell, José Mª Gómez García, Miquel Cuartero i
López, Sebastià Martí i Benedí, Joan Martín i Salcedo e Marc Serra i
Mir.
Agradecementos
En primeiro lugar agradecemos a axuda dispensada pola
Delegación de Lugo do COAG onde se xestou este traballo
inicialmente ata implicar a toda a institución no seu remate. En
segundo lugar, queremos deixar testimuño do agarimoso interese
demostrado en todo momento por este proxecto polo Director
Xeral de Política Lingüística D. Xesús Pablo González Moreiras.
Ficha técnica da
presente edición

No proceso de normalización da nosa lingua é fundamental a
extensión do seu uso a todas as funcións sociais e culturais. E, neste
proceso, a normalización e a estandarización van moi xuntas, pois esta

contribúe a potenciar a lingua para que poida satisfacer as
necesidades de comunicación dunha sociedade moderna. Unha lingua
normalizada ten que ser capaz de funcións lingüísticas que cubran as
necesidades comunicativas desta sociedade, é dicir, unha lingua con
capacidade, cando menos, para a educación, a ciencia e a tecnoloxía.
De sempre, os canteiros, albaneis e carpinteiros galegos, á parte as
súas xírias, utilizaron o galego nos seus oficios, e o seu léxico foi
verdadeiramente moi rico; pero os vellos mestres foron morrendo e
con eles foi desaparecendo ou empobrecéndose o noso acervo. A
normalización lingüística esixe aquí e agora dúas urxentes medidas:
por unha banda, hai que evitar que se perda toda esa riqueza
lingüística –palabras, frases, matices que, durante séculos, naceron,
medraron e permitiron que a lingua cumprise amplamente as súas
funcións de verdadeiro tecnolecto; e, por outra parte, para acadar a
debida estandarización na que se apoia toda normalización, haberá
que ir a unha expansión funcional, que consiste na expansión das
funcións da lingua para poder usala en dominios nos que ata agora
non se usaba, pois está claro que hai novas tecnoloxías, novos
aparellos, novas ideas que esixen ampliar o léxico.
Dun tempo acá, apareceron varios traballos sobre linguas profesionais;
pero descoidouse o máis transcendente: a fala que permite a
comunicación extragremial, e, aínda algo máis, que facilite a
comunicación inter gremios que participan nunha obra común; isto é,
a comunicación entre carpinteiros, canteiros, albaneis, soldadores,
enxeñeiros, aparelladores, arquitectos
O Dicionario Visual de Construción, que edita o Colexio Oficial de
Arquitectos coa colaboración da Consellaría de Educación e
Ordenación Universitaria, quere ser seguro alicerce para asentar
futuros traballos que permitan conservar e adaptar un ben
lingüístico, que debe ter tanto valor para nós como o que tivo para os

nosos devanceiros.
Este dicionario posúe, sen dúbida, as características que pretendían os
seus autores: utilidade, para técnicos e non técnicos; de manexo fácil;
oferta de información ampla, e, como corresponde á súa
especificidade, nel a ilustración é moi importante, tan importante que
o dicionario merece o cualificativo de visual.
A súa estrutura apártase da tradicional, pois non segue unha orde
alfabética, senón que se divide en unidades temáticas, para facilitar a
comprensión a persoas non especializadas.
Por todo isto, pensamos que o Dicionario Visual de Construción vén
Presentación
encher un oco que no proceso de estandarización da lingua galega ten
moita importancia, non só polo que no pretérito significou a lingua
dos profesionais da construción, senón pola cantidade de persoas que
este colectivo mobiliza na actualidade e o que significa a súa
incorporación ao proceso de normalización lingüística.
Os nosos parabéns a todos aqueles que, dun xeito ou outro,
contribuíron a facer realidade esta obra.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
Pequena historia dunha palabra inexistente
Falar do porqué desta obra que agora tedes nas mans lévame a
contarvos unha pequena historia, a dunha palabra que non figura
neste dicionario. Esta palabra é ‘pinoloco’.
Preguntaredes logo, que é un ‘pinoloco’?.
Era unha mañá de marzo aínda neboenta, cando o canteiro, falando
admirativamente da cheminea dunha casa que estabamos
finalizando na parroquia de Albixoi (Mesía) concluíu: “agora só lle
cómpren uns pinoslocos para rematala con xeito”. Non fixo falta
tirar de anaco de papel para anotar a palabra como facía adoito nas

obras. Esta axiña quedou enganchada no meu caletre. Pinoslocos.
Que significaría?. No contexto da leria que continuou axiña resolvín
o enigma pináculos!, o que quería dicir o bo do canteiro era
pináculos.
Viñeron á miña lembranza as anécdotas que contaba Anxel Fole das
castrapadas que escoitaba nos seus anos en Quiroga, da creatividade
da nosa xente facendo palabras que non pretendían outra cousa
máis ca intentar explicar o mundo, aínda que ás veces fose
modelando co seu acento outra lingua. E recordei tamén a
necesidade que tiñamos de dispor dunha ferramenta como a que
agora tedes nas vosas mans.
A súa carencia foi, ata hai poucos anos, unha das pexas máis
importantes para normalizar o noso idioma no ámbito técnico da
arquitectura e a enxeñaría. A riqueza léxica
1
galega foi ignorada case
sempre, cando non ridiculizada, polos facultativos. Os vellos oficiais e
operarios foron morrendo e con eles desapareceron as palabras, os
matices, os usos, os dicires que atesouraban. A constatación deste
feito e a súa resolución non persegue ningún tipo de
enfrontamento.
Con esta obra o que se pretende é un achegamento á realidade
lingüística galega
2
sen ignorar a existencia do castelán. Búscase un
punto de encontro que sirva para normalizar, estandarizar e precisar
o léxico técnico galego achegando o léxico castelán para poder
empregalo igualmente con máis rigor. En suma, para coñecer os
nomes da ferramentas, os materiais, as partes dunha obra ou dun
elemento construtivo, para que os planos, as memorias, as descricións

das unidades de obra ou os pregos de condicións técnicas que
preparamos teñan a máxima utilidade, para que a comunicación
entre os axentes do proceso construtivo sexa máis fluída e supere
fronteiras lingüísticas.
1
Especialmente nalgún caso coma os dos carpinteiros ou os canteiros, oficios de maior
tradición en Galicia.
2
Que tamén pretende unha revalorización pola vía do coñecemento.
Prólogo
Con estes obxectivos a primeira decisión importante adoptada foi
elixir que tipo de dicionario podiamos facer. Antes de escoller un
camiño pensouse nas utilidades buscadas para este obra:
- Útil para todos os axentes (facultativos, técnicos, operarios, etc.) que
interveñen no proceso construtivo.
- Doado de utilizar, acceso áxil á información.
- Información unívoca que evitase ambigüidades, preciso, que fose
quen de crear un corpo léxico amplo.
- Emprego xeneroso da ilustración como detentadora dos valores
citados anteriormente e como elemento omnipresente no ámbito
laboral obxecto desta obra onde o debuxo é unha ferramenta máis
de traballo.
Con todos estes datos na man non foi difícil chegar á conclusión de
que o dicionario máis acaído ás estas pretensións sería aquel onde as
propias definicións fosen ilustracións, un dicionario visual. Isto
implicaba un cambio importante na metodoloxía de consulta que
coincide máis plenamente cos obxectivos perseguidos: podíase ir da
idea ou do concepto ao termo. Ademais, elaborando o dicionario a
partir das ilustracións que definisen os termos ampliábase o ámbito de
lectores potenciais de dicionarios técnicos.

Na esculca feita para atopar modelos nos que basearse atopamos unha
obra que, polas súas características, coincidía plenamente con todo o
exposto: O Diccionari Visual de la Construcció promovido polo
Departament de Política Territorial i Obres Públiques da Generalitat
de Catalunya. Este dicionario foi elaborado por un equipo
multidisciplinar e numeroso que achega unha visión poliédrica dunha
realidade tan complexa como é o sector da construción. Entendida
esta nun sentido extenso, sen ignorar aspectos normalmente
marxinados neste tipo de obras o que, por outra parte, tamén
ampliaba o campo de posibles usuarios do dicionario. Por último pero
non menos importante, aproveitabamos o traballo de selección e
organización dos contidos que, tendo en conta as nosas limitacións
tanto funcionais coma económicas, sería pouco menos que inviable.
Alberte González Rodríguez
Fontes utilizadas
Bibliografía de especialidade en galego
Este libro non podería saír do prelo sen os esforzos precedentes de
persoas que, bebendo sobre todo (como non podía ser doutro xeito)
nas fontes de arquitectura popular, rescataron do esquecemento
palabras, xiros, expresións que dan fe do rendemento do noso idioma
neste campo. Unha relación resumida de obras estudadas e que máis
se tiveron en conta nesta obra podería ser a seguinte:
– Xaquín Lorenzo. Historia de Galiza. O home II. Buenos Aires.
Editorial Nos. 1962.
– Pedro de Llano. A arquitectura popular en Galicia. Santiago de
Compostela. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 1981.
– Begoña Bas. As construcións populares: un tema de etnografía en
Galicia. “Cuaderno nº 44 do Seminario de Sargadelos”. Sada. Ediciós
do Castro. 1983
– Xosé Mª Lema Suárez. Bamiro, un estudo do habitat rural galego.

Santiago de Compostela. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
1977.
– Manuel Caamaño Suárez. As construcións da arquitectura popular.
Patrimonio etnográfico de Galicia. Santiago de Compostela. Consello
Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos. 2003.
– Begoña Bas. Camiños, pasos e pontes. Vigo. Edicións Ir Indo. 1989.
– Mark Gimson. As pallozas. Vigo. Editorial Galaxia. 1983.
– Xosé M. González Reboredo e Clodio González Pérez. Sociedade e
tecnoloxía tradicional do val de Ancares. Santiago de Compostela.
Consello da Cultura Galega. 1996.
– Xoaquín Monteagudo Romero. Regulamentos municipais.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 1998
– Xosé Antón L. Dobao. Vocabulario das pesas e medidas. 1988.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
– Varios autores. Léxico da construcción. Vigo. Asociación provincial de
Empresarios da Construción de Pontevedra e Instituto Tecnolóxico de
Galicia. Sen data.
– Emilio Rodríguez Portabales. Diccionario Tecnolóxico de
electricidade e electrónica. Edicións Xerais de Galicia. 2002.
– Ana Romero Masiá e Felipe Arias Vilas. Diccionario de termos de
arquitectura e prehistoria. Ir Indo Edicións. 1986. 1995.
Bibliografía de especialidade en castelán
Só tiramos da frondosa e extensa floresta de dicionarios e vocabularios
que a lingua española posúe sobre a construción as obras máis
consultadas no noso estudo e consideradas máis relevantes. Faise
notar, por outra parte, que a selección de palabras en castelán que
figura no diccionario corresponde á edición orixinal coas lóxicas
adaptacións a realidade galega.
– Mª Soledad Camino Olea e outros. Diccionario de arquitectura y
construcción. Madrid. Editorial Munilla-Lería. 2001.

– Buenaventura Bassegoda Musté. Diccionario políglota de la
arquitectura. Barcelona. Editores Técnicos Asociados SA 1976.
– Alberto Serra Hamilton. Términos ilustrados de arquitectura,
construcción y otras artes y oficios. Madrid. Colegio Oficial de
Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Madrid. 1997.
– Álvaro García Meseguer (coordinador). Léxico de la construcción. Madrid.
Instituto Eduardo Torroja de la Construcción y el Cemento. 1956.
– Ignacio Paricio Ansuategui. Vocabulario de arquitectura y
construcción. Barcelona. Editorial Bisagra. 1999.
Bibliografía de especialidade en portugués
– Maria João Madeira Rodrígues e outros. Vocabulário técnico e crítico
de arquitectura. Coimbra. Quimera Editores. 1996.
– José da Paz Branco. Dicionário Técnico da construção civil. Queluz.
Escola Professional Gustave Eiffel. 1993.
– José Luis Pinto Machado. Habitação rural. Lisboa.Livraria Popular
Francisco Franco Lda. 1986.
Bibliografía lingüística
– Xosé Mª Carballeira Anllo e outros. Gran Dicionario Xerais da Lingua.
Vigo. Edicións Xerais de Galicia. 2000.
– Constantino García e Manuel González González (directores).
Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña. Real Academia
Galega, Edicións Xerais de Galicia e Editorial Galaxia.
– Manuel González González e Antón Santamarina Fernández
(coord.). Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega. Santiago de
Compostela. Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega
– Isaac Alonso Estravís. Dicionário da língua galega. Santiago de
Compostela. Editorial Sotelo Blanco. 1995.
– Instituto Antônio Houaiss. Dicionario Houaiss da Língua Portuguesa.
Río de Janeiro. Editora Objetiva. 2001.
– Real Academia de la Lengua. Diccionario de la Lengua Española.

Madrid. Editorial Espasa Calpe. 1992.
– Manuel Seco e outros. Diccionario del español actual. Madrid.
Editorial Aguilar. 1999.
– Antón Santamarina. Diccionario de diccionarios (versión
2).Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2000.
– Varios autores, Diccionari de la llengua catalana (3ª edición).
Enciclopédia Catalana.1994
– Varios autores, Dicionário Espanhol- Portugués. Porto Editora.
– Varios. Diccionari de la llengua catalana. Enciclopédia Catalana.1994
– Julio Martínez Almoyna. Dicionário Espanhol- Portugués. Porto
Editora.
– J. Almeida Costa e A. Sampaio e Melo. Dicionário da língua
portuguesa. Porto Editora.
– Varios autores. Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo Edicións. 1999.
– Varios. Traballando co léxico (1, 2 e 3). Edicións Xerais de Galicia.
1996-2000.
– Xosé Feixó (dir.). Diccionario Cumio da lingua galega. Edicións do Cumio.
– Varios autores. Diccionarios Cumio galego-español e español-galego.
Edicións do Cumio. 2001.
– Varios autores. Vocabulario temático ilustrado galego-français-
español-english. Editorial Galaxia. 1992.
– José-Santiago Crespo Pozo. Nueva contribución a un vocabulario
castellano-gallego. Ediciós do Castro. 1972-1985.
– Carlos Garrido e Carles Riera. Manual de galego científico.
Associaçom galega da língua. 2000.
– María Moliner. Diccionario de uso del español. Madrid. Gredos. 1998.
– Aurélio Buarque de Holanda Ferreiro. Dicionário Aurélio Eletrônico.
Século XXI. 1999.
Colaboradores e informadores individuais
Reservamos para este epígrafe unha mención especial, que é tamén

un agradecemento, destinada aos informadores e aos recolledores de
información que coas súas achegas, forzadas ou espontáneas,
encarnaron moitas das palabras que agora aparecen aquí. Unha
relación sempre incompleta podería comezar polos seguintes: Eloi
Gómez (carpinteiro, canteiro e louseiro de Froián, fornecedor de
moitas palabras dos gremios dos carpinteiros e dos canteiros),
Argimiro Fernández Fernández (párroco xa falecido de Neiro e que
achegou, xunto cos seus fregueses, moitas palabras dos carpinteiros e
louseiros), Jorge Salvador Fernández (compañeiro indispensable na
recollida e depuración do léxico dos vellos canteiros e carpinteiros da
Galiza lucense), Antonio González Rebolo, Domingo González López,
Miguel Mourelo Reboiro (†), Manuel Riveiro Villaverde, Elvira Riveiro
Tobío, carpinteiros de Padrón (A Fonsagrada), canteiros de Amarante
e Vilapoupre (Antas de Ulla), canteiros de Gondrame (O Paramo),
canteiros de Fradé (Taboada), canteiros de Lugo,
Outros recursos
Hoxe en día un traballo de codificación terminolóxica non pode obviar
a presenza de Internet, de feito esta versión galega é en gran medida
debedora tamén do uso das mal chamadas “novas tecnoloxías”: a
existencia da inmensa biblioteca de acceso público que significa
Internet e o uso dos recursos como o correo electrónico facilitaron
enormemente a súa realización. Queremos salientar especialmente a
consulta de recursos en liña que permitiron contrastar, recoller,
documentar, estudar e discernir gran parte dos termos: TILGA (Tesouro
Informatizado da Lingua Galega) , CORGA (Corpus de referencia do
galego actual), EURODICAUTOM, Corpus Paralelo CLUVI, BOE, DOG,
Boletíns provinciais (especialmente o de Ourense).

O Dicionario visual da
construción representa unha novidade no mundo da lexicografía

especializada en galego. É a primeira vez que unha obra terminoloxica
presenta os termos galegos acompañados, ademais das equivalencias
en castelán, de imaxes que permiten delimitar os conceptos con
precisión e relacionalos doadamente coas nocións da mesma área, sen
ambigüidades.
A imaxe permite ilustrar unicamente as nocións susceptibles de ter
representación gráfica. A obra non presenta, daquela, substantivos
abstractos (operacións ou técnicas), nin adxectivos (cualidade de
materiais) nin verbos (accións). Soamente mostra os conceptos
concretos que teñen plasmación gráfica na realidade. O lector poderá
acceder tamén á información mediante a consulta directa dos índices
por lingua situados ao final da obra.
Trátase dun dicionario de carácter técnico que inclúe todas as ramas
relacionadas co sector da construción: urbanismo, elementos
construtivos, construcións hidráulicas, infraestruturas de transportes e
comunicación, etc. Non se propón, en cambio, estudar estas áreas
desde un punto de vista arquitectónico ou artístico. Non se pretende,
tampouco, un manual de aprendizaxe ou un tratado de construción.
Para elaborar o dicionario os autores organizaron e estableceron unha
árbore de campo, delimitaron o contido definitivo dos capítulos e a
estrutura das fichas que configuran a obra. Posteriormente
seleccionouse a nomenclatura de cada ficha e traballouse
conxuntamente cos ilustradores para deseñar a imaxe definitiva. O
Termigal deu remate a esta fase coa revisión das propostas
terminolóxicas.
Verbo dos criterios terminolóxicos e lingüísticos que se aplicaron
cómpre suliñar, por unha banda, que un bo número de termos son
neoloxismos aínda sen entrada nas obras terminolóxicas ou
lexicográficas de consulta habitual. Doutra banda, en moitos casos
houbo que escoller entre varias formas sinónimas para un mesmo

termo por mor da limitación de espazo. Por iso tamén se prescindíu
dalgunhas variantes ortográficas ou formais que tamén son usadas
polos especialistas.
A obra diríxise a todas aquelas persoas (arquitectos, enxeñeiros,
construtores, profesores, estudantes, etc) que necesitan dispor da
terminoloxía especializada do sector da construción para poder
desenvolver a súa actividade profesional en galego. Do mesmo xeito
se dirixe ás institucións e ás empresas, tamén arredadas durante moito
tempo da práctica cotiá da lingua, para eliminar atrancos e dotalas de
máis ferramentas que permitan facer bases de datos, redactar pregos
de condicións, en suma, facer vivo este legado de séculos que temos a
honra de posuír e o deber de transmitir.
As persoas que participaron na elaboración deste documento e as
institucións que o fixeron posible quixeran que esta obra puidese
contribuír ao desenvolvemento da linguaxe técnica da construción e á
extensión do uso da lingua galega nun sector de tanta importancia na
nosa sociedade.
Introdución
Contido e características deste dicionario
Este dicionario estrutúrase do mesmo xeito ca un manual de
construción: capítulos independentes que conforman unha unidade
temática (urbanismo, edificios, elementos construtivos do edificio,
infraestruturas do transporte e comunicación, construcións hidráulicas
e execución da obra). Do mesmo xeito, os termos non están
agrupados secuencialmente seguindo a orde alfabética tradicional.
Forman parte, cada un deles, de páxinas ou fichas que, en por elas,
tamén son unidades conceptuais que permite contextualizar a
información, e que achegan o termo e mais o debuxo.
Esta obra contén aproximadamente 6.000 termos en galego e 6.000
termos en castelán, revisados polo centro de terminoloxía Termigal do

Centro Ramón Piñeiro para o Estudo das Humanidades.
O bloque léxico máis importante está formado por termos con forte
tradición de uso no galego pero que, nalgún caso, non estaban aínda
recollidos en ningunha outra obra terminolóxica. Inclúense
neoloxismos creados desde o cerne do idioma ou procedentes doutras
linguas adaptados ao galego, acepcións diferentes de palabras xa
existentes e sinónimos.
Polas características propias dun dicionario visual non figuran todas as
categorías léxicas, como xa se comentou anteriormente. Os verbos e
algúns substantivos abstractos non están pola dificuldade de
ilustralos. Do mesmo xeito, o formato da obra non permitía a
representación de adxectivos.
A edición orixinal foi revisada e actualizada a partir da realidade
galega. Isto supuxo refacer varias fichas completamente, menos das
que quixeramos, para buscar referencias máis próximas aos potenciais
usuarios deste diccionario. Tamén se adaptaron as propostas
terminolóxicas ás novas normas ortográficas, aprobadas pola
Academia Galega no decurso da súa elaboración.
Árbore de campo
1. Urbanismo
• Planeamento
• Vías e servizos
2. Edificio
• Edificios públicos e de vivenda
• Espazos interiores
3. Elementos construtivos do edificio
• Estruturas e obras de fábrica
• Cimentos, cubertas e fachadas
• Divisións interiores e instalacións
4. Infraestruturas de transporte e comunicación

• Pontes e túneles
• Estradas
• Camiños de ferro, aeroportos e torre de telecomunicación
5. Construcións hidráulicas
• Obras de aproveitamento hidráulico
• Obras marítimas
6. Execución da obra
• Topografía e implantación
• Obra en curso
• Materiais
• Oficios da construción

Guía de consulta do
Dicionario visual da
construción
O Dicionario Visual da Construción consta de seis capítulos que
conteñen un número variable de páxinas cunha ilustración sobre un
aspecto determinado e con toda a terminoloxía que tén asociada. As
informacións que se atopan en cada páxina son as seguintes:
subcapítulo
nº de páxina
dentro do
capítulo
nº de capítulo
símbolo del
subcapítulo
termos que
indican elementos
que non están
desenvolvidos

Cidade
• Plan xeral I
• Estrutura xeral do territorio
1. plan xeral de ordena-
ción, PXO / plan general
de ordenación, PGO
2. eixe viario / eje viario
3. réxime urbanístico
do solo / régimen
urbanístico del suelo
4. solo urbano / suelo
urbano
5. unidade de
actuación / uni-
dad de actuación
6. solo urbanizable
programado / suelo
urbanizable progra-
mado
7. plan parcial /
plan parcial
8. solo urbanizable
non programado /
suelo urbanizable no
programado
9. programa de
actuación urba-
nística / programa
de actuación urba-
nística

10. solo non urbaniza-
ble / suelo no urbani-
zable
11. plan especial /
plan especial
12. zonificación / zonificación
13. sistema xeral de
comunicacións / sis-
tema general de comu-
nicaciones
14. sistema xeral de
espazos libres / sis-
tema general de espa-
cios libres
15. sistema xeral de
equipamentos
comunitarios / siste-
ma general de equipa-
mientos comunitarios
16. zona forestal / zona
forestal
17. zona agrícola /
zona agrícola
18. zona rústica /
zona rústica
19. zona libre perma-
nente / zona libre
permanente
20. patrimonio históri-
co-artístico / patrimo-

nio histórico-artístico
21. normas complemen-
tarias / normas com-
plementarias
22. cadro de rotulación /
carátula
23. caixa / cajetín
24. lenda / leyenda
25. indicador coro-
cromático / indica-
dor corocromático
26. escala / escala
27. puntos cardinais /
puntos cardinales
1
.
08
1
3
12
9
9
18
17
17
2
16
23
25
24

26
27
13
13
5
8
4
15
14
18
7
6
20
11
19
10
13
21
6
22
termos en castelán
termos en galego
termos que indican
elementos que
conteñen outros
elementos tamén
marcados
termo principal
diante
sinónimos

complementarios
a continuación
título de páxina
subtítulo de páxina
nº de orde do
termo dento
da páxina
Os anexos
O Dicionario visual da construción, contén dous anexos formados
polos índices alfabéticos de todos os termos que aparecen nas
páxinas. O primeiro contén os termos galegos e o segundo contén os
termos casteláns. As informacións que achegan estes índices permiten
localizar os termos nas páxinas correspondentes e, unha vez
localizados, coñecer o seu significado, por medio do debuxo asociado,
saber se tén sinónimos e das equivalencias na outra lingua da obra.
Índice de termos galegos
cheminea 2-13-12
termo en galego capitulo
nº de páxina dentro do capitulo
nº de orde do termo dento da páxina
Territorio e planeamento
•Morfoloxía e representación
1. planos / planos
2. plano topográfico /
plano topográfico
3. altimetría /
altimetría
4. curva de nivel /

curva de nivel
5. plano toponímico /
plano toponímico
6. topónimo maior /
topónimo mayor
7. topónimo menor /
topónimo menor
8. plano catastral /
plano catastral
9. predio urbano /
finca urbana
10. predio rústico /
finca rústica
11. relevo / relieve
12. bacía, cunca
hidrográfica / cuen-
ca, cuenca
hidrográfica
13. val / valle
14. cordilleira, cordal /
cordillera
15. cabo / cabo
16. badía, baía / bahía
17. chaira, planicie /
plana, llanura
18. ría / ría
19. costa / costa
20. golfo / golfo
21. río / río
22. delta / delta

23. plano morfolóxico,
plano xeomorfolóxico
/ plano morfológico, plano
geomorfológico
24. hidrografía / hidro-
grafía
25. orografía / orografía
1
.
01
Fitxa patrocinada per :
3
17
30
1
2
5
8
23
26
11
4
6
10
24
25
29
32
18
12

15
16
27
31
28
7
14
22
19
21
9
20
13

×